Previa fin de semana 14-15 de decembro

A vindeira fin de semana ten unha cita marcada en vermello no calendario dende fai meses, a final da Liga ABANCA de categorías menores. O domingo dispútase en Ourense esta bonita competición ónde se dan lugar os oito mellores equipos de cada categoría (Sub 10, Sub 12 e Sub 14, tanto masculinos como femininos) para dirimir que clubs se alzan coas medallas en cada unha delas.

Ler máis

Tres equipos do club clasificados para a Final da Liga ABANCA

O pasado venres coñecíamos os nomes dos oito equipos por categoría e sexo que disputarán a Fase Final da VIII Liga Galega ABANCA Categorías Menores na pista cuberta de Expourense o vindeiro 15 de decembro. O Club Atletismo Narón terán presencia con tres equipos: o Sub 14 feminino, o Sub 12 feminino e o Sub 10 masculino (superan a participación do ano pasado, no que participaron os dous últimos citados). Resaltar tamén o 12º posto do equipo Sub 12 masculino conseguindo un gran resultado nas clasificatorias.

Ler máis

Delia Paz, a volta da mellor lanzadora de martelo da historia do club

Delia Paz volve ao atletismo despois de máis de 12 anos de ausencia para reforzar a proba de lanzamento de martelo no equipo feminino, tanto no absoluto coma no máster. Esta incorporación segue a liña de recuperar para o club aos atletas que durante a nosa historia foron importantes e teñen aínda dentro de si esas gañas de adestrar, competir e dar un impulso ao club en numerosos aspectos (ademáis do deportivo).

Ler máis

David Souto, un atleta cos pés no chan

David Souto incorpórase á disciplina do Club Atletismo Narón para a tempada 2020 procedente do Riazor Atletismo. O inicio dos seus estudios universitarios en Ferrol fíxolle trasladar a sua vivenda á cidade departamental e decidirse por adestrar ás ordes de Joval Montero no Estadio Municipal de Río Seco en Narón.

Ler máis