O día 1 de Setembro de 2020 comeza a actividade para o novo curso 2020/2021
¡¡Aberto a tod@s @s que queredes practicar ATLETISMO en calquera nivel!!
A actividade lévase a cabo con protocolos Covid-19 específicos do Concello de Narón
HORARIOS
SUB 8 (anos 2014 e posteriores)
- Luns, Mércores e Venres de 16:30 a 18:00 (dous días a escoller)
SUB 10 e SUB 12 (anos 2010 a 2013)
- Luns, Mércores e Venres de 16:30 a 18:00
SUB 14 e sub 16 (Anos 2006 a 2009)
- Luns, Mércores, Xoves e Venres de 18:00 a 19:30
SUB 18 a Máster (Anos 2005 e anteriores)
- Luns, Martes, Mércores, Xoves e Venres de 19:30 a 21:30
Os horarios indicados son os preestablecidos polo Club. En casos de incompatibilidade horaria admítese adestrar noutros grupos baixo consulta previa.
O número de días e horarios de adestramento poderán ser axustados segundo as necesidades dos atletas, por decisión do equipo técnico.
As inscricións están abertas durante todo o ano.
* A composición dos grupos, o desenrolo da actividade, e o uso das instalacións están sometidos ós protocolos Covid-19 establecidos polo Concello de Narón.
LUGAR
Estadio Municipal de Río Seco (Narón).

Se o prefires podes completar o formulario de inscrición online premendo no seguinte botón e enviarnos por correo electrónico o formulario de domiciliación asinado.