Historia do club

Fai mais de trinta anos que se fundou o CLUB ATLETISMO NARÓN. Transcorría o ano 1988 cando un grupo de cinco naroneses se reunía para fundalo. Dese xeito poñíase a primeira pedra para que en Narón se puidese desenrolar a práctica deportiva do atletismo, xa que ata o momento nunca antes existira esa figura no noso Concello.


Dese xeito o Club colabora activamente dende o seu inicio no fomento da actividade saudable, e no crecemento persoal das rapazas e rapaces de Narón.


Dende os primeiros anos, o Club convertese en referente do atletismo na comarca i en Galicia, gracias ó gran traballo realizado nas escolas. Xa no ano 1991 se constata a presencia de atletas do Club en campionatos nacionais de categoría cadete, sendo uns anos mais tarde cando chegarían os primeiros éxitos a nivel nacional con campións e medallistas individuais en distintas disciplinas e categorías. En menos de dez anos de existencia o Club acadaría a primeira división nacional có seu equipo feminino absoluto. Outra labor importante do Club no desenrolo atlético dos rapaces e rapazas de Narón, permitindo acadar importantes éxitos persoais e colectivos.


Fomentando a cultura atlética coa presencia en xornadas formativas e lúdicas, de atletas tan importantes como Jordi Llopart ou Andrés Díaz entre outros. Así mesmo, nas filas do Club estiveron enrolados atletas como Belén Toimil, Alessandra Aguilar, Javier Gómez Noya, Iván Raña, David Martínez Varela, Samuel Paz, María Romero, José Cendán, María José Gregorio, Belén Nieto, Rosa Sierra, Carmen Martínez, Pablo Ruiz, Juan Bogo, Gustavo Platas, e un longo etcétera.
Foi tamén un Club pioneiro na profesionalización e regularización contractual dos monitores de Club.


Na súa andadura, o Club contou có apoio institucional (Concello de Narón, Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Fundación Deporte Galego, Federación Galega de Atletismo, Real Federación Española de Atletismo), pero tamén do sector privado con importantes axudas de empresas referentes a nivel comarcal, autonómico, nacional e internacional, destacando entre outras as que se relacionan de seguido: Adidas, Alain Afflelou, Altafit, Artabro-Samdeu, Automoviles Alca, Autos Paco, BF Stamp, Cadena Dial, Caixa Galicia, Caixa Nova, Caja Madrid, Camara de Comercio, Camuyde, Cándido Hermida, Carroceros del Noroeste, Casa Alonso, Casa Becerra, Centro Óptico Narón, Coca Cola, Cocinas Sierra, Codeal, Construcciones Canosa, Const. López Galdo, Derdieco, Elecnaval, ElectroRayma, Eroski, Estrato, Ferretería Sanesteban, Floristería Sedes, Forove, Frutas Volvoreta, Gabadi, IGF, Imprenta Santa Rita, Intaf, Leyma, M. Muiño, Madeirame de Galicia, Madeiras Lamas, Maderas Fernández, Megasa, Metal Ferrol, Muebles Covi, Muebles Fembyc, Óptica Narón, Pinturas Garmei, Puertas Santiago Pérez, Sedega, Sedes, Serga Motor, Suministros Muiño, Sytgal, Taberna do Feal, Talleres Maiztegui, Tapicería Justo, Tecman, TecMed (Urbaser), Toinga, Tuimar, Tuimil Electricidad, Viña Costeira, Vista Óptica