Obxectivos e valores

Obxectivos

O proxecto de dinamización que presentou o Club en agosto de 2019, establece como principais obxectivos os que se indican de seguido:

  • FOMENTAR o atletismo no ámbito educativo en Narón, mediante xornadas atléticas nos propios colexios en horario lectivo.
  • IMPULSAR a labor de promoción do atletismo, e captación orientada para atraer novos atletas ás escolas do Club.
  • PROMOCIONAR as categorías de base, mediante unha atención persoalizada, ampliación de horarios das escolas, seguimento e orientación deportiva.
  • MELLORAR e perfeccionar a evolución deportiva dos atletas, mediante un equipo técnico cualificado, profesionalizado e implicado no adestramento e competición.
  • ACADAR unha estrutura deportiva na que se formen equipos femininos e masculinos en tódalas categorías, que facilite a promoción e mellora dos atletas das escolas do Club.
  • CONSOLIDAR o Club Atletismo Narón como referente no atletismo Local, Provincial e Autonómico.

 

Valores

Estableceronse os seguintes principios e valores como pautas de comportamento xeral que o Club se compromete a establecer, cumplir e fomentar:

  • PARTICIPACIÓN con dereito e liberdade nas actividades do Club.
  • Complementar a FORMACIÓN persoal dos nenos e nenas.
  • Inculcar o RESPECTO, HUMILDADE, COOPERACIÓN, COMPAÑEIRISMO e diversión.
  • Aprender o ESFORZO, SACRIFICIO, e traballo en EQUIPO a través do deporte.
  • Permitir a REALIZACIÓN persoal e deportiva no ámbito atlético.
  • Colaborar na INCLUSIÓN de tódalas persoas sen discriminación.