Benvidos á páxina web do Club Atletismo Narón.

Dende esta páxina web queremos transmitir e manter actualizada toda a información relevante sobre o noso Club. Hoxe en día a comunicación e as redes sociais son unha importante ferramenta para, de xeito bidireccional, crear unha comunicación que ademáis nos permita establecer un proceso de mellora contínua. Por iso vos invito a participar activamente, con comentarios, suxerencias e colaboracións de calquera tipo.

Quero dende aquí agradecer a tódolos compoñentes do Club o seu apoio para levar adiante con ilusión este novo proxecto, así como tamén a todos os que nestes mais de trinta anos de existencia crearon e fixeron posible esta gran familia. Tamen a toda a familia atletica galega, xa que dun ou doutro xeito se establecen vías de colaboración desinteresada por parte doutros clubs, federación, atletas, etc… E sen esquecer por suposto ás institucións públicas e ás empresas, sin as cales non sería posible.

A finalidade principal do Club é a de fomentar o deporte, dando especial importancia ás categorías de base; deste xeito usamos o atletismo como medio para promover as prácticas saudables, o deporte, e a formación equilibrada das persoas. Tamén como Club, fomentamos o atletismo de competición, posibilitando a evolución deportiva dos atletas que sintan esa paixón e desexen buscar outras metas.

Por último, animo a calquera persoa que queira practicar atletismo a unirse a nós nesta nova andadura. IlusiÓN, paixÓN, diversiÓN.

 

 

 

 

 

 

Miguel Soto Castiñeira

Presidente do Club Atletismo Narón

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información

ACEPTAR
Aviso de cookies