Tres equipos do club clasificados para a Final da Liga ABANCA

O pasado venres coñecíamos os nomes dos oito equipos por categoría e sexo que disputarán a Fase Final da VIII Liga Galega ABANCA Categorías Menores na pista cuberta de Expourense o vindeiro 15 de decembro. O Club Atletismo Narón terán presencia con tres equipos: o Sub 14 feminino, o Sub 12 feminino e o Sub 10 masculino (superan a participación do ano pasado, no que participaron os dous últimos citados). Resaltar tamén o 12º posto do equipo Sub 12 masculino conseguindo un gran resultado nas clasificatorias.

O equipo Sub 14 feminino clasificouse como 8º e único representante da provincia de A Coruña. As rapazas Sub 12 entran como 5ª clasificadas, como segundo equipo da provincia, pero cunha diferencia moi axustada coas 4 predecesoras. Os máis pequenos do equipo Sub 10 entran na final como 6º clasificado, 3ª da provincia.

Circular VIII Liga Galega ABANCA Categorías Menores

O vindeiro 15 de decembro será sen dúbida un día para o disfrute de todos os rapaces e rapazas, e tamén dos seus pais e adestradores, nunca competición moi fermosa, na que o de menos será o resultado colleitado.

Noraboa a tod@s!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *