Previa fin de semana 14-15 de decembro

A vindeira fin de semana ten unha cita marcada en vermello no calendario dende fai meses, a final da Liga ABANCA de categorías menores. O domingo dispútase en Ourense esta bonita competición ónde se dan lugar os oito mellores equipos de cada categoría (Sub 10, Sub 12 e Sub 14, tanto masculinos como femininos) para dirimir que clubs se alzan coas medallas en cada unha delas.

O Club Atletismo Narón logrou a clasificación para esta fase final co equipo Sub 10 masculino e cos conxuntos Sub 12 e Sub 14 femininos. Os rapaces e rapazas que representarán ao club nesta competición serán os seguintes:

SUB 10 masculino

  • 50 lisos: Miguel Suárez
  • 500 lisos: Antón Díaz
  • 1.000 lisos: Enrique García
  • Altura: Martín Barredo
  • Lonxitude: Anxo Rey
  • Peso: Xoan Galego
  • Relevo: Javier Rodríguez, Enrique García, Miguel Suárez e Martín Barredo

SUB 12 feminino

  • 60 lisos: Antía Otero
  • 500 lisos: Daniela García
  • 1.000 lisos: Alba Pena
  • Altura: Carmen Faure
  • Lonxitude: María Mera
  • Peso: Noa Romero
  • Relevo: Noa Díaz, Vega Silvén, Paula Mouzo e Tania López

SUB 14 feminino

  • 60 lisos: Marta Ventura
  • 500 lisos: Carla Lamas
  • 1.000 lisos: Rebeca Teijeiro
  • 60 vallas: Uxía Froiz
  • Altura: Uxía López
  • Lonxitude: Irene Vázquez
  • Triple: Silvia López
  • Pértega: Lara Rodríguez
  • Peso: Érika Fernández
  • Relevo: Irene Vázquez, Uxía López, Uxía Froiz e Marta Ventura

Completarán a expedición Roberto Tuimil como xefe de expedición e os adestradores Diego Barreiro, Joval Montero e Manuel Polo.

Dende o club queremos destacar a todos os rapaces e rapazas que participaron nas tres xornadas previas da Liga ABANCA e que por non terse clasificado o seu equipo ou por non entrar na convocatoria final, non poderán disfrutar de competir este domingo na fase final.

Por destacar outras competicións importantes de esta fin de semana, mañá sábado terá lugar en Vigo unha nova xornada do Circuito en Pista Concello de Vigo e o vindeiro domingo (conxuntamente coa fase final da Liga ABANCA) disputarase un control federado na pista cuberta de Expourense para atletas de categorías superiores.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *