Resultados fin de semana 28-29 de decembro

Na fin de semana do 28 e 29 de decembro tiveron cita diversas competicións nas que estiveron presentes @s atletas do Club Atletismo Narón: II Control en Pista Cuberta (Ourense), San Silvestre Fenesa, II Xornada Circuito Primitivo Simón (Marín), IV Trofeo Solidario de Nadal Celta de Atletismo (Vigo), Carreira de Fin de Ano (Ares – Mugardos) e San Silvestre Salmantina.

Ler máis

Belén Toimil volta ao club

Belén Toimil volta ao club que a veu nacer no mundo do atletismo. A atleta mugardesa, que militou durante todos estes anos que leva alonxada do noso club no Playas de Castellón, decantouse por voltar grazas a unha oferta a longo prazo pasando a formar parte da estrutura técnica a partir da tempada 2021, incorporándose á dirección dun núcleo de tecnificación de lanzadores en Narón, dentro do proxecto ambicioso que estamos desenrolando dende esta tempada 2020.

Ler máis

Feliz Nadal

O Club Atletismo Narón desexa unhas felices festas navideñas a tod@s @s seus atletas, socios, familias, colaboradores e en xeral a todas as persoas vencelladas co club dunha ou outra forma. Do mesmo xeito facemos extensible esta felicitación a todo o tecido atlético galego.

Resultados fin de semana 21-22 de decembro

Na pasada fin de semana os núcleos competitivos onde se deron cita atletas do Club Atletismo Narón foron os seguintes: Trofeo Lugo Running By Ramos Lourés en Lugo, Liga de Cross de Cabrerizos e Carrera de la Lenteja Veloz en Castellanos de Moriscos (Salamanca), Carreira do Nadal en Tomiño e Carrera de Navidad en Villanueva de la Cañada (Madrid).

Ler máIs

Previa fin de semana 21-22 de decembro

Nesta vindeira fin de semana terán lugar varias competicións ao longo da xeografía galega, que serán das últimas que se disputarán nesta tempada 201-19 que está a piques de rematar, aínda que faremos máis fincapé en dúas de elas: o III Trofeo Lugo Running Club by Ramos Lourés que se disputa o sábado en Lugo e o XVII Memoria Ramón Peña que se celebrará en Ferrol o domingo.

Ler máis

Aitor Fernández, unha incorporación de presente e moito futuro

Aitor Fernández Gayoso pasa a formar parte da familia do Club Atletismo Narón a partir do vindeiro 1 de xaneiro de 2020. O atleta procedente da Escola Atlética Lucense convírtese nun dos reforzos máis ilusionantes para o club, debido a súa xuventude (nado no ano 2003) é ás previsións de futuro nunha proba tan técnica e complicada como é o salto con pértega. Esta é a proba favorita de Aitor, atleta adestrado por Juan Trillo, aínda que tamén se prodiga regularmente nas probas combinadas, o que o fai ser un atleta moi completo e sempre necesario nas competicións por clubs.

Ler máIs