CONVOCATORIA SELECCIÓN GALEGA SUB 16

No día de hoxe a Federación Galega de Atletismo facía públicas as convocatorias dos equipos feminino e masculino de cara ao vindeiro Campionato de España Sub 16 por Federacións Autonómicas, que se disputará en Gijón os días 7 e 8 de outubro.

Estamos moi contentos de poder anunciarvos a presenza de tres atletas que levarán a bandeira do club na selección autonómica:

📌 Antía Otero en lanzamento de xavelina

📌 Gael Varela en 1.500 obstáculos

📌 Lucía González en salto de lonxitude

serán os representantes da Selección Galega nas súas probas.

Noraboa e moita sorte aos tres!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *