Delia Paz, a volta da mellor lanzadora de martelo da historia do club

Delia Paz volve ao atletismo despois de máis de 12 anos de ausencia para reforzar a proba de lanzamento de martelo no equipo feminino, tanto no absoluto coma no máster. Esta incorporación segue a liña de recuperar para o club aos atletas que durante a nosa historia foron importantes e teñen aínda dentro de si esas gañas de adestrar, competir e dar un impulso ao club en numerosos aspectos (ademáis do deportivo).

Delia é orixinaria do concello veciño de A Capela, e alí mesmo foi onde comezou a súa andadura no atletismo, no seu colexio. Na categoría cadete pasa a formar parte do Club Atletismo Narón e nese mesmo momento comezan os seus mellores anos no mundo do atletismo, conquerindo postos de finalista nos campionatos de España da súa categoría dende cadete ata iunior, ademáis de múltiples medallas en campionatos autonómicos. Nesta etapa logra a súa mellor marca persoal, 44.62 metros, que é o actual record do club na proba de lanzamento de martelo.

Benvida de novo á túa casa Delia, estamos desexosos de verte lanzando outra vez!!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *