No día de onte tiña lugar a celebración do tradicional por estas datas Memorial Adolfo Ros – Volta á ría, media maratón que transita polos concellos de Narón, Neda, Fene e Ferrol. Nesta edición a saída e chegada produciuse en Narón (cada ano rota entre os catro concellos citados) no entorno da Casa do Concello.
No referente á actuación dos atletas do club, magnífico terceiro posto na xeral para Alex Diego con unha marca de 1 hora e 13 minutos. José Luis Bouza foi 66º (4º en Máster C), José Bañobre 69º (5º en Máster C), Javier Tuimil 125º (36º en Máster B), Agostiño Reigosa 185º. Fran Rodríguez participou na carreira Sub 18 e conseguiu un magnífico 6º posto.
Tamén houbo presenza de atletas nas probas de categorías inferiores (entre sub 8 e sub 14) con bos resultados e sobre todo disfrutando moito da competición.
[ngg src=”galleries” ids=”5″ display=”basic_thumbnail” thumbnail_crop=”0″]Dende aquí dar a noraboa ao Concello de Narón pola fantástica organización do evento e desexar moita sorte ao veciño Concello de Neda na organización da proba o vindeiro ano.