Na pasada fin de semana disputáronse dúas competicións con presenza de atletas do Club Atletismo Narón: o Cross de A Malata e unha nova xornada das Series Municipais en Pista Concello de Vigo.
En Ferrol déronse citas @s atletas máis nov@s do club no Cross de A Malata, pertencente ao circuíto de campo a través XOGADE. O feito de ter representates en todas as categorías é o feito máis destacable a estas idades e que os rapaces e rapazas disfruten competindo cos seus compeñeiros e compañeiras e tamén cos nenos e nenas dos outros clubs. De seguido podedes ver os resultados e unha galería de fotos (xentileza de Rebeca Soto).
En Vigo a participación foi copada polos atletas de categorías superiores. De seguido detallamos as súas actuacións:
- Evelyn Fernández: 9,68 en lanzamento de peso (4 kg)
- Nuria Blanco: 24,74 en lanzamento de martelo (3 kg)
- Irene Fernández: nulos en lanzamento de martelo (4 kg)
- Pablo Bocelo e Diego Barreiro participaron nos 3.000 metros para axudar a outros compañeiros, retirándose antes de finalizar a proba.