Resultados Cross XOGADE – Campionato Intercomarcal

O pasado domingo disputouse en As Pontes a Fase Intercomarcal, clasificatoria para o provincial, do Cross XOGADE. Nesta fase intercomarcal clasifican os dous mellores equipos por categoría e sexo, así como os oito primeiros clasificados de forma individual (atletas que o seu equipo non se clasifique e finalicen entre os oito primeiros). O Club Atletismo Narón logrou clasificar a 4 equipos (os dous equipos Sub 10 masculinos e o Sub 12 e Sub 14 femininos) e 2 atletas de forma individual (Pablo López e Germán Rey) para o Campionato Provincial que terá lugar o vindeiro 1 de febreiro.

Ler máis

Resultados III Copa de Galicia de Clubs Máster

Despois da xornada do sábado onde se disputou a Copa de Clubs Absoluta, na mañá do domingo tiña lugar no mesmo escenario (Expourense) a mesma competición, pero en categoría máster. O noso club participaba (igual que o día anterior) tanto en categoría masculina como feminina (sendo o único club galego en ter representación en ambos campionatos en ambas categorías) e foron as féminas as que conqueriron un mellor resultado finalizando na 4º posición, mentres que os rapaces finalizaron nun meritorio 7º posto.

Ler máis

Resultados XVI Copa de Galicia de Clubs en Pista Cuberta

O pasado sábado na pista cuberta de Expourense tivo lugar unha nova edición da Copa de Galicia de Clubs en Pista Cuberta. O noso club volvía despois dunhas tempadas a ter representación tanto en categoría masculina como en feminina. O balance final foi un 4º posto (empatado a puntos co Club Atletismo Santiago que foi 3º) para o equipo masculino e un 6º posto para o equipo feminino.

Ler más