Resultados XVI Copa de Galicia de Clubs en Pista Cuberta

O pasado sábado na pista cuberta de Expourense tivo lugar unha nova edición da Copa de Galicia de Clubs en Pista Cuberta. O noso club volvía despois dunhas tempadas a ter representación tanto en categoría masculina como en feminina. O balance final foi un 4º posto (empatado a puntos co Club Atletismo Santiago que foi 3º) para o equipo masculino e un 6º posto para o equipo feminino.

O equipo masculino acudía a Ourense cun equipo competitivo, disposto a loitar por estar no podio, e así discurreu a competición, con moita igualdade entre os nosos (69 puntos), o Club Atletismo Santiago (69 puntos) e o Real Club Celta Atletismo (73 puntos). Finalmente o relevo decantou a balanza e os nosos rapaces quedaron fóra do podio pola mínima. Destacar a vitoria de Mehdi Nabaoui nos 3.000 metros, os segundos postos de Demba Sanyang (400 metros, refrendando a súa mínima para o Campionato de España Sub 20), Noel Vega (peso) , Pablo Bocelo (1.500 metros, achegándose á mínima para o nacional absoluto), Alex Barreiro (triple) e as terceiras posicións de Alex Romero (altura, moi preto da súa marca persoal despois de moitos problemas físicos) e Joval Montero (lonxitude).

As rapazas regresaban a esta competición despois de dúas tempadas afastadas de ela e fixeron un gran papel. As naronesas finalizaron con 49 puntos, a un escaso punto do Lucus Caixa Rural, un clásico deste tipo de competicións, que foi 5º. Como actuacións individuais destaca a vitoria de Nerea Muñoz na lonxitude, o segundo posto do relevo (con Eva Castro, Paula Carbonell, Manuela Castro e Lidia Fariñas), e os cuartos postos de Manuela Castro (400) e Lidia Fariñas (200).

Equipo masculino
Equipo feminino

Noraboa a todos os participantes e seguiremos traballando para mellorar estes resultados na Copa de Clubs de Aire Libre no mes de abril.

Resultados completos

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *