Xornada “Atletismo Sen Fronteiras”

Hoxe tivo lugar no Concello de Narón a presentación do evento “ATLETISMO SEN FRONTEIRAS” que desenvolverá o Club Atletismo Narón, en colaboración co Concello, e co apadriñamento da Fundación Racing de Ferrol e o BAXI Universitario de Ferrol.

Asistiron á presentación pública os concelleiros de Deportes (José Oreona) e Benestar Social (Catalia García), o tesoureiro de NHD Aventura e o presidente do Club Atletismo Narón (Miguel Soto).

O Club Atletismo Narón, dentro do seu desexo de dar a coñecer as diferentes disciplinas que compoñen o noso deporte a toda a comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal, quere arrancar este proxecto con este evento que ten como obxectivo iniciar no mundo do atletismo aos rapaces e rapazas chegados de Chernóbil e o Sáhara, que pasarán o verán con familias naronesas. Esta iniciativa non só se basa no aspecto deportivo de aprendizaxe, senon que tamén se busca mellorar a integración dos colectivos citados na nosa sociedade xa que compartirán adestramentos cos rapaces e rapazas das nosas escolas.

Vémonos o vindeiro 7 de agosto entre as 11 e as 13 horas no Estadio de Río Seco. @ Concello de Narón

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *