Resultados Galego de Combinadas e Galego Sub 23 en Pista Cuberta

A pasada fin de semana tiveron lugar en Ourense dous campionatos autonómicos con representación de atletas do noso club. O Campionato Galego de Probas Combinadas pechouse con 5 medallas (4 de ouro e 1 de prata) e o Campionato Galego Sub 23, que trouxo para Narón 3 metales (1 de ouro e 2 de prata).

Campionato Galego de Probas Combinadas en Pista Cuberta

Sete foron os representantes do noso club neste campionato que se disputou o sábado e o domingo na pista cuberta de Ourense.

Na categoría máster tomaron partida Carlos Ferrer (na categoría M-60) e Eva Castro (na categoría W-35) e ambos conseguiron subirse ao alto do podio. Carlos conseguiu unha marca final de 3.258 puntos e Eva finalizou o pentatlon con 3.107 puntos.

En categoría absoluta o único representante local foi Adrián Carreira, que cunha marca final de 2.468 puntos conqueriu a medalla de prata. Destacar nesta categoría que foi baixa de última hora Alex Romero por unha lesión producida os días previos nun adestramento.

En categoría SUB-18, Aitor Fernández, repetiu a victoria da tempada anterior e dese modo conseguiu a medalla de ouro cunha marca de 4.234 puntos.

En categoría SUB-16 teríamos 3 representantes: Joel López proclamouse campión galego e medalla de ouro cunha marca de 3.315 puntos. No apartado feminino Nerea Freire fixo unha gran competición para finalizar no 7º posto final con 2.195 puntos e Aroa Fernández finalizou no 11º posto con 1.946 puntos.

Resultados MásterResultados Sub 16 a Absoluto

Campionato Galego Sub 23 en Pista Cuberta

O domingo pola tarde disputouse o Campionato Galego Sub 23 no mesmo escenario que o de combinadas. Dous foron os representantes do club neste campionato, cunha destacada actuación.

Thiarle Gabriel conseguiu unha medalla de ouro nos 400 metros, cunha gran marca de 51.10, e foi medalla de prata nos 800 metros, nunha carreira táctica.

Carmen Gómez foi subcampiona galega e medalla de prata nos 60 metros valados, cunha boa marca de 9.92 e foi 5ª na final dos 60 metros lisos con 8.50.

Resultados

[ngg src=”galleries” ids=”8″ display=”basic_slideshow”]

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *