Resultados fin de semana 8 e 9 de febreiro

Esta pasada fin de semana tiveron lugar outras competicións de interese para o noso club (deixando de lado o campo a través): Campionato Galego Sub 18 en Pista Cuberta (A Coruña), Campionato Galego Sub 16 e Sub 18 de Lanzamentos Longos (Vilagarcía de Arousa), Campionato Galego Máster de Pentatlón de Lanzamentos (Pontevedra), Control de Marcas (A Coruña), Trofeo IberCaja (Zaragoza) e Control de Marcas (A Pobra do Caramiñal) con grandes resultados e podios para os nosos atletas.

Campionato Galego Sub 18 en Pista Cuberta (A Coruña) (Resultados)

Gran actuación de Aitor Fernández, logrando unha medalla de prata en salto con pértega (4,11 metros) e unha de bronce en lanzamento de peso (11,77 metros)

Campionato Galego Sub 16 e Sub 18 de Lanzamentos Longos (Vilagarcía de Arousa) (Resultados)

Grandes resultados os obtidos polos nosos atletas neste campionato, logrando tres medallas e varios postos de finalista. Blanca Méndez foi a gran triunfadora con duas medallas: unha de prata (38,03) no martelo Sub 16 e outra de bronce no disco Sub 16. Nuria Blanco (32,21) logrou a medalla de bronce en lanzamento de martelo Sub 16, proba na que Erika Fernández foi 4ª (28,45), mesmo posto que logrou no lanzamento de disco Sub 16 con 20,78. Tamén quedaba ás portas do podio Nerea Freire no lanzamento de xavelina Sub 16, con 23,74 metros. Por último, o único rapaz representante do noso club no campionato, Alberto Romero, foi 5º no lanzamento de martelo Sub 18, con 19,06 metros.

Campionato Galego Máster de Pentatlón de Lanzamentos (Pontevedra) (Resultados)

Moi bos rexistros e resultados finais os que nos teñen acostumados os atletas da categoría máster. Dúas medallas de ouro para Noel Vega na categoría M-35 e Carlos Ferrer en M-60. Prata para Irene Fernández en W-40 e bronce para Jorge Rodríguez en M-50.

Control de Marcas (A Coruña) (Resultados)

Conxuntamente coa disputa do Campionato Galego Sub 18 en Pista Cuberta celebrouse un control no que se deron cita atletas do noso club. Thiarle Gabriel (6.57 nos 50 lisos), Iván López (4:16.31 nos 1.000 metros), Paula López (7.20 nos 50 lisos), Sofía Crego (7.33 nos 50 lisos), Lara Chao (7.56 nos 50 lisos), Jennifer Rey (8.09 nos 50 lisos), Tania López (3:54.86 nos 1.000 metros) e Carmen Gómez (8.49 nos 50 valados).

Control de Marcas (A Pobra do Caramiñal) (Resultados)

Participaron no control celebrado en A Pobra os seguintes atletas: Antón Díaz (9.76 nos 50 lisos e 2:02.25 nos 500 metros), Martín Polo (5.54 en peso), Xoel González (5.17 en peso), Ángel García (10.02 en peso), Noa Díaz (10.49 en 60 lisos e 1:52.12 en 500 lisos), Antía Otero (9.43 en 60 lisos e 4.52 en peso) e Noa Romero (7.37 en peso).

Trofeo IberCaja (Zaragoza) (Resultados)

Lidia Fariñas participou na proba dos 60 metros lisos, cunha marca de 7.97, moi preto da súa mellor marca persoal.

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *