Resultados fin de semana 28-29 de decembro

Na fin de semana do 28 e 29 de decembro tiveron cita diversas competicións nas que estiveron presentes @s atletas do Club Atletismo Narón: II Control en Pista Cuberta (Ourense), San Silvestre Fenesa, II Xornada Circuito Primitivo Simón (Marín), IV Trofeo Solidario de Nadal Celta de Atletismo (Vigo), Carreira de Fin de Ano (Ares – Mugardos) e San Silvestre Salmantina.

II Control en Pista Cuberta (Ourense) – Resultados completos

  • Demba Sanyang: 50.79 nos 400 metros o que supón mínima para o Campionato de España Sub20 de Pista Cuberta de Sabadell.
  • Pablo Bocelo: lograba a vitoria nos 1.500 metros nunha proba con moito nivel, cunha marca de 3:57.59 (mellor marca persoal en PC).
  • Pablo Vicente: conseguía un fantástico oitavo posto na proba de 1.500 metros lisos cunha marca de 4:15.10 (mellor marca persoal en PC).
  • Eva Castro: participaría nas probas de 400 e 800 metros, facendo unha magnífica actuación con 1:03.89 e 2:26.34, respectivamente.
  • Laura Rodríguez: participou na proba de 800 metros cunha marca de 2:53.87 no seu arrinque de tempada de forma oficial.

San Silvestre Fenesa – Resultados completos

  • Carreira absoluta: Jesús Ardao (42º H), Rebeca Soto (5ª M) e Andrés García (45º H)
  • Carreira Sub 16 – Sub 18: Martín Barreiro (4º H Sub 18)
  • Carreira Sub 14: Hugo Serantes (6º H Sub 14) e Ander Amenedo (7º H Sub 14)
  • Carreira Sub 12: Gael Varela (1º H Sub 12), Alba Pena (1ª M Sub 12), Antía Otero (3ª M Sub 12), Germán Rey (4º H Sub 12), Tania López (5ª M Sub 12) e Iván López (9º H Sub 12).
  • Carreira Sub 10: Brais Torrente (5º H Sub 10)

II Xornada Circuito Primitivo Simón (Marín) – Resultados completos

  • Iván López: 11,13 en 60 metros, 4:28.29 en 1000 metros e 0,80 en altura.
  • Carlos Ferrer: 11,49 en 60 metros valados
  • Tania López: 10,54 en 60 metros, 3:54.88 en 1000 metros e 1,00 en altura.

IV Trofeo Solidario de Nadal Celta de Atletismo (Vigo) – Resultados completos

  • Alberto Romero: 9.34 en 60 metros, 7,58 en peso.
  • Noa Romero: 9,13 en peso.

Carreira de Fin de Ano (Ares – Mugardos) – Resultados completos

  • Carreira absoluta: José González (35º H), José Luis Bouza (42º H) e Pedro Abeledo (346º H).

San Silvestre Salmantina – Resultados completos

  • Alex Diego entrou na posición 30 da xeral y David de la Fuente foi 33º, ambos facendo unha magnífica carreira na súa cidade.

Fotografía xentileza de Agustín Juncal

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *