Na pasada fin de semana os núcleos competitivos onde se deron cita atletas do Club Atletismo Narón foron os seguintes: Trofeo Lugo Running By Ramos Lourés en Lugo, Liga de Cross de Cabrerizos e Carrera de la Lenteja Veloz en Castellanos de Moriscos (Salamanca), Carreira do Nadal en Tomiño e Carrera de Navidad en Villanueva de la Cañada (Madrid).
O sábado en xornada de tarde disputaríase no módulo cuberto do estadio Gregorio Pérez Rivera en Lugo o Trofeo Lugo Running By Ramos Lourés organizado de forma espectacular polos nosos amigos do club Lugo Running. Javier García participaba nos 60 metros, conseguindo unha boa marca de 7.12 (nunha proba que tivo un nivel fantástico). Tamén participarían no 60 en categoría feminina Paula López (8.53), Sofía Crego (8.55) e María Heras (8.69), todas elas entrando xa en rutina competitiva nesta tempada. A parte d@s velocistas, tamén estive presente Eva Castro, que competiu nas probas de lonxitude (4.17) e salto de altura (1.35).
O noso atleta salmantino Alex Diego participou en dúas carreiras, como preparación de cara á última carreira do ano. O sábado estivo presente na Liga de Cross de Cabrerizos, na que foi 18º na xeral, actuando coma lebre e o domingo subiuse ao máis alto do podio na Carrera De la Lenteja Veloz en Castellanos de Moriscos.
Tamén saltou ao asfalto Pablo Vicente na localidade pontevedresa de Tomiño, para participar na súa Carreira de Nadal. Pablo fixo un gran papel e acadou o segundo posto na xeral.
Daniel Martín subiu ao segundo caixón do podio na Carreira de Navidad en Villanueva de la Cañada (Madrid).