Resultados fin de semana 1 e 2 de febreiro

Esta pasada fin de semana tiveron lugar as seguintes competicións con participación de atletas do noso club: Campionato Galego de Marcha en Ruta (Marín), Campionato Galego Máster de Campo a Través (A Pobra), Campionato Provincial Sub 23 (Valencia), Campionato Provincial de Campo a Través XOGADE (A Pobra), Terceira Xornada Copa Depuración en Pista (Lugo), 6ª Reunión FAM (Gallur – Madrid) e Media Maratón Popular Ciudad de Plasencia (Cáceres), cuns resultados moi destacados.

Campionato Galego de Marcha en Ruta (Marín) (Resultados)

Gran actuación dos catro representantes do club neste campionato. Manuel Polo foi Campión Galego M45 e 6º absoluto cunha fantástica marca de 51:36. En categorías menores Noa Díaz e Carmen Faure foron 4ª e 15ª respectivamente na proba Sub 12 e Antón Díaz foi descalificado despois de entrar na primeira posición na liña de meta.

Campionato Galego Máster de Campo a Través (A Pobra) (Resultados)

Boa actuación dos representates do club en A Pobra. Rebeca Soto foi subcampiona galega W40 e Rocío Rolán finalizou no posto 14 da mesma categoría. José Luis Bouza foi subcampeón galego M60 e Jose Bañobre rematou no posto 12º da categoría M50.

Campionato Provincial de Campo a Través XOGADE (A Pobra) (Resultados)

Nas categorías dos mais pequenos os rapaces e rapazas do club tiveron participación en todas as carreiras, en algunhas tendo unha gran participación a nivel de equipos. Convén indicar que clasificaban para o Campionato Galego XOGADE os 2 primeiros equipos e os 8 primeiros clasificados individuais en cada categoría e sexo.

En categoría Sub 14, o equipo feminino conseguiu a medalla de prata e a clasificación para o autonómico. O equipo estivo formado por Alba Pena (4ª), Daniela García (20ª), Lidia Grimal (21ª), Irene Paz (23ª) e Antía Arnoso (25ª). O equipo masculino finalizou en 7ª posición e estivo formado por Rubén López (40º), Diego Tuimil (43º), Iván López (45º) e Daniel Bermúdez (46º).

En categoría Sub 12, o equipo feminino finalizou en 5ª posición. A formación estivo composta por Tania López (7º posto que a clasifica para o autonómico), Noa Ardao (17ª), María Mera (36ª), Sofía Castro (39ª), mentres que Germán Rey foi 21º na carreira masculina.

En categoría Sub 10, o equipo masculino fixose co título de campión provincial e clasificación para o autonómico. O equipo estivo formado por Enrique López (campión provincial), Martín Barredo (8º), Adrián Méndez (22º), Javier Rodríguez (25º).

Campionato Provincial Sub 23 (Valencia) (Resultados)

Daniel Citores volveu á competición despois dos problemas físicos que lle impediron participar na Copa Galega de Clubs e fixoo cunha medallad de bronce nos 200 metros lisos, cunha marca de 22.98 e un 5º posto nos 60 metros cunha marca de 7.18.

Terceira Xornada Copa Depuración en Pista (Lugo) (Resultados AL PC)

O pasado sábado tivo lugar a 3ª Xornada da Copa Deputación en Lugo. Tomaron parte polo noso club os seguintes atletas: Aitor Fernández (7,74 en 60 lisos e 44,96 en xavalina), Adrián Carreira (11,54 en 60 valados e 38,04 en xavalina), Joel López (1,65 en altura), Carmen Gómez (8.43 nos 60 lisos e 10,38 nos 60 valados), Paula López (8,41 nos 60 lisos e 28,09 en 200 lisos), Carla Lamas (9,20 nos 60 lisos e 8,93 en triple), Lucía Fraguela (9,80 nos 60 lisos, 3,73 en lonxitude e 8,91 en triple), Nerea Freire (1,20 en altura e 21,40 en xavalina) e Aroa Fernández (4,25 en lonxitude).

6ª Reunión FAM (Gallur – Madrid) (Resultados)

Paula Rodriguez Carbonell fixo marca persoal en pista cuberta, cun magnifico rexistro de 1:00.84.

Media Maratón Popular Ciudad de Plasencia (Cáceres) (Resultados)

Magnífica terceira praza de Alex Diego en Plasencia, obtendo tamén unha nova marca persoal na distancia de medio maratón, cunha hora e 12 minutos.

[ngg src=”galleries” ids=”11″ display=”basic_slideshow”]

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *