Resultados Campionatos Galegos de Campo a Través da fin de semana

Esta pasada fin de semana tiveron lugar en A Rúa (Ourense) os Campionatos Galegos de Campo a Través Sub 10, Sub 12, Sub 14, Sub 16, Sub 18 e tamén o Campionato Galego de Campo a Través Mixto por Relevos. Excepto na categoría Sub 18, houbo representación en todas elas por parte do Club Atletismo Narón, cuns resultados moi destacados.

Campionato Galego de Campo a Través Mixto por Relevos (Resultados)

Gran actuación do relevo do Club Atletismo Narón, representado por Andrés García, Eva Castro, Diego Barreiro e Rebeca Soto, que finalizaron nunha fantástica 7ª praza.

Campionato Galego Sub 16 de Campo a Través (Resultados)

Nesta categoría teríamos representación tanto en categoría masculina como en feminina, ademáis, nesta última teríamos participación na clasificación por equipos. O equipo composto por Sabela Caneiro (15ª), María Filgueiras (17ª), Ainara Pita (23ª), Alba Veiga (37ª) e Nerea Freire (48ª) finalizaría no 5º posto da xeral. Tamén participou Hugo Serantes (60º) en categoría masculina.

Campionato Galego Sub 10, Sub 12 e Sub 14 de Campo a Través (Resultados)

Nas categorías dos mais pequenos os rapaces e rapazas do club tiveron participación en todas as carreiras, en algunhas tendo unha gran participación a nivel de equipos.

En categoría Sub 14, as rapazas foron finalizaron na 5ª praza na clasificación por conxuntos, nun equipo formado por Rebeca Teijeiro (13ª), Alba Pena (17ª), Lidia Grimal (41ª), Irene Paz (47ª), Antía Arnoso (69ª) e Celtia Bedia (80ª). Na carreira masculina tamén participou Iván López (67º).

En categoría Sub 12, Tania López acadou un meritorio 14º posto, mentres que David Orosa foi 51º na carreira masculina.

En categoría Sub 10, Enrique López colleitou a mellor clasificación individual dos atletas do club, cun fantástico 7º posto.

[ngg src=”galleries” ids=”10″ display=”basic_slideshow”]

Comentario (1)

  • Jose| enero 28, 2020

    Gran día de campo a través, enhorabuena a todos.

  • Responder a Jose Cancelar la respuesta

    Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *