Previa fin de semana 7 e 8 de marzo

Fin de semana con moitas competicións de interese con presencia de atletas do Club Atletismo Narón. As citas máis importantes terán lugar en Valencia (Campionato de España Sub 18 en Pista Cuberta), Zaragoza (Campionato de España de Campo a Través) e Antequera (Campionato de España Máster en Pista Cuberta), sen olvidarnos de Ourense onde se disputarán os Campionatos Autonómicos Sub 16 e Sub 20 en Pista Cuberta.

En Valencia estará presente Aitor Fernández na proba de Heptathlon na que parte coa 12ª mellor marca entre os participantes.

En Zaragoza o club terá 5 atletas que defenderán as cores da Selección Galega, tres en categoría Sub 20 e dous en categoría Sub 23. En categoría Sub 20 a baza máis importante da selección é a do noso atleta El Mehdi El Nabaoui que parte como favorito na proba. Acompañarán a Mehdi na categoría Sub 20 Pablo Camescase e Xoel Rodríguez. Pola súa parte, na categoría Sub 23 teremos representación coa participación de Iván Puentes e Juan Rejas.

En Antequera ten lugar dende o día de hoxe ata o vindeiro domingo o Campionato de España Máster no que estarán presentes Manuel Polo na proba de 3.000 metros marcha e Carlos Ferrer en Pentatlon e 60 metros valados.

Xa achegándonos máis á casa, en Ourense terán lugar esta fin de semana os Campionatos Sub 16 e Sub 20 de Galicia en Pista Cuberta. En categoría Sub 20 estarán representando ao club: Manuela Castro (200 e 400 metros), Paula López (60 e 200 metros), Sofía Crego (60 e 200 metros), Xela Rodríguez (triple salto), Evelyn Fernández (lanzamento de peso), Demba Sanyang (200 e 400 metros) e Iván Salgado (3.000 metros).

En categoría Sub 16 participarán: Marta Ventura (60 y 300 metros), Lara María Chao (60 metros), Lara Rodríguez (salto con pértega) e Érika Fernández (lanzamento de peso).

Moita sorte a todos!!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *