Previa fin de semana 25 e 26 de xaneiro

A partir de maña sábado, terán lugar varias competicións de interese con presencia de atletas do noso club: Memorial Alejandro Lorenzo de Campo a Través – Campionato Galego de Menores (A Rúa), Campionato Galego Sub 16 de Campo a Través (A Rúa), Campionato Galego de Relevos Mixtos de Campo a Través (A Rúa) e Segunda Xornada Copa Depuración en Pista (Lugo).

Memorial Alejandro Lorenzo de Campo a Través – Campionato Galego de Menores (A Rúa)

En categoría Sub 10 participará Enrique García.

En categoría Sub 12 partirán David Orosa en menos e Tania López en nenas.

Por ultimo, na categoría Sub 14, que será a máis numerosa en participación naronesa, tomarán a saída: Iván López en categoría masculina e Alba Pena, Irene Paz, Antia Arnoso, Lidia Grimal, Rebeca Teijeiro e Celtia Bedia en categoría femenina.

Campionato Galego Sub 16 de Campo a Través (A Rúa)

Na categoría Sub 16 participarán Hugo Serantes en homes e Nerea Castro, Sabela Caneiro, María Filgueiras, Ainara Pita e Alba Veiga en mulleres.

Campionato Galego de Relevos Mixtos de Campo a Través (A Rúa)

Os compoñentes do relevo do Club Atletismo Narón serán Andrés García, Diego Barreiro, Rebeca Soto e Eva Castro.

Segunda Xornada Copa Deputación en Pista (Lugo)

A participación nesta xornada será moi numerosa. Os atletas participantes serán: David Romero (60 lisos, martelo e peso), Alberto Romero (60 lisos e martelo), Irene Fernández (martelo e peso), Evelyn Fernández (peso), Adrián Carreira (60 valados, lonxitude e peso), Aitor Fernández (60 lisos e lonxitude), Aroa Fernández (60 lisos, 60 valados e altura), Joel López (60 valados e altura), Carmen Gómez (60 valados), Nerea Freire (60 lisos e triple), Erika Fernández (peso e martelo), Nuria Blanco (peso e martelo), Blanca Mendez (peso e martelo), Lara Chao (60 lisos), Jennifer Rey (60 lisos), José Pena (60 lisos e lonxitude), Roberto Tuimil (60 valados), Eva Castro (altura).

Fóra das nosas fronteiras, en Portugal, participará Pablo Bocelo nas probas de 800 e 1.500 metros lisos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *