Previa fin de semana 22 e 23 de febreiro

Moitos pratos fortes os que temos esta fin de semana no aspecto competitivo. Este domingo chega a cita máis importante da tempada de pista cuberta a nivel autonómico, coa disputa do Campionato Galego Absoluto (Ourense) no que teremos 13 participantes. Tamén terán lugar dous Campionatos de España con participación do noso club: no Campionato de España de Campo a Través por Clubs (Soria), participará o noso equipo Sub 20 e no Campionato de España de Maratón (Sevilla) coa presenza de Alex Diego. Mañá sábado terá lugar o Campionato Galego Máster en Pista Cuberta (Ourense) con una nutrida participación de atletas naroneses. Tamén teremos representación nas probas extra do Meeting de Madrid.

Campionato Galego Absoluto (Ourense) (Inscritos)

Participarán por parte do noso club: Eva Castro (800 metros), Paula Rodríguez (400 e 800 metros), Paula López (60 e 200 metros), Lidia Fariñas (60 e 200 metros), Evelyn Fernández (peso), Demba Sanyang (200 e 400 metros), Thiarle Dos Santos (400 e 800 metros), Pablo Bocelo (800 e 1.500 metros), Pablo Vicente (1.500 metros), Adrián Carreira (60 valados e peso), Aitor Fernández (Pértega), José Pena (lonxitude) e Noel Vega (peso).

Campionato de España de Campo a Través por Clubs (Soria) (Inscritos)

O equipo Sub 20 do club estará composto por: Iván Salgado, Pablo Camescase, Xoel Rodríguez, Jorge Morado, Jorge González e El Mehdi El Nabaoui.

Campionato de España de Maratón (Sevilla) (Inscritos)

Alex Diego será o representante naronés na proba dos 42 kilómetros.

Campionato Galego Máster en Pista Cuberta (Ourense) (Inscritos)

A participación do club será a seguinte: Rebeca Soto (200, 1.500 e relevo), Luz Cerdido (800, 1.500 e relevo), Eva Castro (400 e relevo), Irene Fernández (peso), Jesús Ardao (60, 200 e relevo), Andrés García (200, 400 e relevo), Javier Tuimil (1.500 e relevo), Roberto Tuimil (60 valados e altura), José Luis Bouza (3.000), Jose Bañobre (1.500), Pepín Rioseco (400) e Carlos Ferrer (60 valados, lonxitude e peso).

Pre Meeting de Madrid

Tomarán a partida nas probas extra que se celebran o xoves en Gallur: Nerea Muñoz na proba de lonxitude e Paula Rodríguez nos 800 metros.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *