Previa fin de semana 18 y 19 de enero

A vindeira fin de semana que comeza no día de mañá depararanos unha grella de competicións moi interesante na que participarán os atletas do Club Atletismo Narón. Por orde de importancia resaltaremos o XXXI Campionato de Galicia de Probas Combinadas en Pista Cuberta (Absoluto a Sub16 – Máster) e o Campionato de Galicia Sub23 en Pista Cuberta.

No XXXI Campionato de Galicia de Probas Combinadas en Pista Cuberta que se celebra en Ourense o sábado 18 e domingo 19 participarán por parte do noso club: Alejandro Romero, Adrián Carreira e Eva Castro en categoría absoluta (Eva tamén en máster), Carlos Ferrer en categoría máster, Aitor Fernández en categoría Sub 18 e Aroa Fernández, Nerea Freire e Joel López en categoría Sub 16.

No Campionato de Galicia Sub 23 en Pista Cuberta que terá lugar tamén na cidade das Burgas o vindeiro domingo, teremos a dous representantes: Thiarle Gabriel Dos Santos que tomará a saída nas probas de 400 e 800 e Carmen Gómez, que participará nos 60 metros.

De seguido enumeramos outras probas que se disputarán nesta fin de semana:

  • Control de marcas (sábado e domingo) en Ourense: Mehdi Nabaoui (3.000 metros), Pablo Bocelo (800 e 3.000 metros), Eva Pérez (800 metros) e Pablo Camescase (3.000 metros).
  • XXXVII Carreira Popular San Xiao

  • IX Cros dos Menhires

  • V Carreira Popular Matogrande

De esquerda a dereita: Nerea Freire, Eva Castro, Adrián Carreira e Alex Romero no Campionato Galego de Probas Combinadas ao aire libre do ano 2019

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *