Previa fin de semana 15 e 16 de febreiro

A partir de maña sábado, terán lugar varias competicións de interese con presencia de atletas do noso club, facendo fincapé nos primeiros Campionatos de España da tempada de inverno: Campionato de España Sub 23 en Pista Cuberta (Salamanca), Campionato de España Máster de Marcha en Ruta (Torrevieja), Campionato Galego de Lanzamentos Longos (Pontevedra), Campionato Galego XOGADE de Campo a Través (Portas), 5ª Xornada Copa Deputación (Lugo) e III Control de Inverno S.G.Pontevedra – 1ª Xornada Froiz (Pontevedra).

Campionato de España Sub 23 en Pista Cuberta (Salamanca)

Primeiro Campionato de España Individual da tempada de pista cubierta. Terá lugar o sábado e o domingo en Salamanca e teremos a representación de Nerea Muñoz na proba de lonxitude na que intentará conseguir unha gran marca para achegarse ao podio.

Campionato de España Máster de Marcha en Ruta (Torrevieja)

Manuel Polo será o noso representante neste campionato, no que intentará lograr unha fantástica actuación despois do gran sabor de boca que lle deixou a disputa do autonómico hai escasas dúas semanas.

Campionato Galego de Lanzamentos Longos (Pontevedra)

Tomarán partida neste campionato autonómico cinco dos nosos atletas: Carlos Ferrer nas probas de disco e martelo, Iago Pazos en xavelina, Jorge Rodríguez en martelo, Noel Vega en disco e Evelyn Fernández en disco.

Campionato Galego XOGADE de Campo a Través (Portas)

Chega a conclusión do circuíto XOGADE 2020 de Campo a Través coa disputa do autonómico para as categorías Sub 12, Sub 14 e Sub 16 (os Sub 10 finalizan na anterior cita, o provincial). Por parte do noso club participará o equipo Sub 14 feminino (Alba Pena, Antia Arnoso, Daniela García, Irene Paz, Lidia Grimal e Rebeca Teijeiro) e no apartado individual, Tania López na categoría Sub 12.

5ª Xornada Copa Deputación (Lugo)

Os atletas participantes serán: Aitor Fernández (60 valados), Adrián Carreira (60 valados, lonxitude e peso), Joel López (lonxitude e peso), Paula López (60 e 200 lisos), Sofía Crego (60 e 200 lisos), Lara Chao (60 lisos), Aroa Fernández (60 lisos e peso), Thiarle Dos Santos (200 e 400 lisos) e Manuela Castro (400 lisos).

III Control de Inverno S.G.Pontevedra – 1ª Xornada Froiz (Pontevedra)

Os atletas participantes serán: Pablo Bocelo (1.500 metros), Pablo Camescase (3.000 metros) e Xoel Rodríguez (3.000 metros).

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *