Previa fin de semana 1 e 2 de febreiro

A partir de maña sábado, terán lugar varias competicións de interese con presencia de atletas do noso club: Campionato Galego de Marcha en Ruta (Marín), Campionato Galego Máster de Campo a Través (A Pobra), Campionato Provincial Sub 23 (Valencia), Campionato Provincial de Campo a Través XOGADE (A Pobra), Terceira Xornada Copa Depuración en Pista (Lugo) e 6ª Reunión FAM (Gallur – Madrid).

Campionato Galego de Marcha en Ruta (Marín)

En categoría Sub 10 participará Antón Díaz.

En categoría Sub 12 partirán Noa Díaz e Carmen Faure.

Por último, na categoría absoluta e máster, participará o noso adestrador e atleta Manuel Polo.

Campionato Galego Máster de Campo a Través (A Pobra)

Tomarán partida neste campionato Rebeca Soto, Luz Cerdido e Rocío Rolán no apartado feminino e José Luis Bouza e José Bañobre en homes.

Campionato Provincial Sub 23 (Valencia)

Daniel Citores tomará parte neste campionato provincial valenciano, nas probas de 60 e 200 metros lisos.

Campionato Provincial Campo a Través XOGADE (A Pobra)

En categoría Sub 10 participará o equipo masculino, formado por: Martín Barredo, Javier Rodríguez, Adrián Méndez, Rubén Fernández, Enrique García, Gael García e Xabier López.

En categoría Sub 12 participará o equipo feminino formado por: Vega Silven, Sofía Castro, María Mera, Noa Ardao e Tania López. No apartado masculino teremos a Pablo Vázquez e Germán Rey participando de forma individual.

En categoría Sub 14 teremos ao equipo feminino formado por: Daniela García, Irene Paz, Alba Pena, Lidia Grimal e Antía Arnoso, mentres que o equipo masculino estará formado por Diego Tuimil, Daniel Bermúdez e Iván López.

Terceira Xornada Copa Deputación en Pista (Lugo)

A participación nesta xornada será moi numerosa. Os atletas participantes serán: Paula López (60 y 200 lisos), Sofía Crego (60 e 200 lisos), Carmen Gómez (60 lisos e 60 valados), Carla Lamas (60 lisos, lonxitude e triple), Lucía Fraguela (60 lisos, lonxitude e triple ), Aroa Fernández (60 valados, pértega e lonxitude), Nerea Castro (altura e xavalina), Joel López (60 valados e altura), Aitor Fernández (60 lisos, pértega e xavalina) e Adrián Carreira (60 valados, pértega e xavalina).

6ª Reunión FAM (Gallur – Madrid)

En Madrid, na Pista Cuberta de Gallur, participará Paula Rodríguez na proba de 400 metros lisos, en busca de mellorar a súa marca de 59,99 lograda o pasado fin de semana.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *