Presentación I Carreira e Andaina Solidaria Senda Ártabra

No día de hoxe queremos presentarvos a I Carreira e Andaina Solidaria Senda Ártabra que se celebrará en O Val (Narón) o vindeiro domingo 13 de outubro, organizada pola Asociación de Veciños “Os Irmandiños” de O Val e o Club Atletismo Narón e coa colaboración do Servizo de Deportes do Concello de Narón, a Federación Galega de Atletismo, a Asociación Nuestra Señora de Chamorro e Avpc Narón Protección Civil.

O evento disporá de varias modalidades para que poidades participar todos e todas, independientemente da idade ou preparación física:

📌 Carreira de 6,8 km pola Senda Ártabra

📌 Andaina de 5 km

📌 Distancias máis curtas para os máis pequenos

As inscricións abriranse o vindeiro luns 30 de setembro no portal de Carreiras Galegas, onde tedes toda a información do evento

https://www.carreirasgalegas.com/…/c9c9cf36-474e-6753-88cd-…)

Dende aquí queremos agradecer o magnifico entendemento cos compañeiros da AVV Os Irmadiños para levar a cabo este proxecto, a todos os colaboradores e ás empresas privadas que aportan o seu gran de area para que este novo proxecto bote a andar da mellor forma.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *