O pasado venres o Club presentou o novo organigrama técnico, que xa está a comezar o traballo cós atletas.
Destacamos un importante cambio estructural, que busca novas dinámicas no Club para mellorar o rendemento deportivo e a formación en valores.
-> Manuel Polo será responsable técnico do Club, do que formou parte dende os seus inicios como atleta, adestrador, directivo, e moito máis. Unha seña de identidade no Club. Licenciado en INEF, adestrador nacional e con moita experiencia no atletismo e outros deportes. Será tamén responsable das áreas de Fondo, Marcha e Lanzamentos.
-> Alberto Casal será o responsable das áreas de Velocidade, Valos e Saltos, outro adestrador con ADN do Club formado como atleta nos seus inicios, exercendo logo tamén como directivo e adestrador con importantes éxitos. É licenciado en INEF, e adestrador nacional.
-> Eva Fernández será a responsable de iniciación e categorías menores, monitora nacional de atletismo con gran experiencia neste deporte e na formación dos mais pequenos.
Eles serán os responsables de planificar os adestramentos, e garantir a orientación dos atletas, e a calidade da actividade.
Evelyn Fernández, Eva Castro, Carlos López, Natalia García e Cristina Manivesa serán os apoios a esta fenomenal triada, un equipo de monitores que aportarán o seu bo facer e a súa experiencia previa, tamén como atletas. Todos eles xa coñecen o Club en maior ou menor medida porque xa colabouraron en anos anteriores. Xunto cos tres responsables de área, formarán un equipo multidisciplinar, coordinado e conxuntado onde o traballo en equipo será a mellor garantía de éxito.
En moitos momentos os propios atletas do Club das categorías superiores, axudarán ó equipo en certas funcións técnicas ou de apoio loxístico.
Mais información en: http://atletismonaron.es/estrutura-tecnica