Pepín Rioseco, unha incorporación de récord

No día de hoxe satisfácenos presentar a fichaxe dunha das figuras máis queridas do atletismo da nosa comunicade, Pepín Rioseco, que reforza dun xeito enorme o equipo máster masculino do clube, co obxectivo de asistir á fase de ascenso a Segunda División nacional.

Pepín ostenta na actualidade multitude de medallas e récords en categoría máster, entre os que poderíamos destacar os seguintes:

  • Récord Mundial de 800 metros ao aire libre en categoría M75
  • Récord Mundial de 1.500 metros ao aire libre en categoría M75
  • Récord Mundial de 2.000 metros obstáculos en categoría M75
  • Récord de España de 800 metros ao aire libre en categoría M75
  • Récord de España de 1.500 metros ao aire libre en categoría M75
  • Récord de España de 3.000 metros ao aire libre en categoría M75
  • Récord de España de 5.000 metros en categoría M75
  • Récord de España de 2.000 metros obstáculos en categoría M75
  • Récord de España de 800 metros en pista cuberta en categoría M70
  • Récord de España de 800 metros en pista cuberta en categoría M75
  • Récord de España de 1.500 metros en pista cuberta en categoría M75

Dende o club queremos darlle o máis enérxico agradecemento a Pepín por querer formar parte da nosa familia de novo e poder amosar aos máis pequenos os máis importantes valores que ten o atletismo.

¡Benvido!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *