Participación dos nosos atletas no Campionato Galego de 5 km en ruta

No día de onte (domingo) disputábase no Concello de Ames o Campionato Galego de 5km en ruta. Ata a localidade de Bertamiráns desprazouse un nutrido grupo de atletas do club para participar neste campionato.

Destacamos as medallas de bronce logradas por Rebeca Soto e José Pantín nas súas respectivas categorías.

Os resultados completos foron os seguintes:

  • Rebeca Soto 3ª W45 (25ª na xeral)
  • José Pantín 3º M75 (239ª na xeral)
  • Martín Barreiro 6º Sub20 (93º na xeral)
  • Javier Tuimil 18º M45 (100º na xeral)
  • José G. Bañobre 8º M55 (142º na xeral)
  • Andrés García 36º M40 (177º na xeral)
  • César Bouza 48º M40 (216º na xeral)

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *