A pasada fin de semana tiveron lugar outras competicións no mundo do atletismo na que houbo presencia de atletas do Club Atletismo Narón (a parte dos galegos de combinadas e Sub 23): III e IV Control de Marcas (Ourense) cun record do club incluido, Campeonato Nacional ANDDI + Provas Extra (Braga) e XXXVII Carreira Popular San Xiao (Ferrol).
III e IV Control de Marcas (Ourense) – Resultados (III – IV)
Un dos atletas máis destacado foi Mehdi Nabaoui que cunha marca de 8:16.69 nos 3.000 metros lisos conseguía refrendar a súa mínima para o nacional da súa categoría e ademáis establecer un novo récord do club na proba (superando o actual de Gustavo Platas). Nesta proba tamén participou Pablo Camescase, logrando unha marca de 9:44.87.
Na fotografia Pablo Bocelo, Mehdi Nabaoui e entre eles Alejandro Fernández que foi o gañador da proba (foto de Fotocarlosgrafías)
Pablo Bocelo tamén tivo unha destacada actuación na proba de 800 metros (proba na que se prodiga pouco) facendo un magnífico rexistro de 1:54.87. Destacar que tamén participou lanzando a carreira de 3.000 metros e axudando Mehdi e aos outros atletas participantes na proba a conseguir uns magníficos rexistros.
Eva Pérez participou na proba de 800 metros logrando unha marca de 2:58.04.
Campeonato Nacional ANDDI + Provas Extra (Braga) – Resultados
Pablo Vicente tomaría parte na proba de 1.500 en Braga, e tería unha gran actuación, cunha marca de 4:13.74 que supón o seu mellor rexistro de sempre en pista cuberta.
XXXVII Carreira Popular San Xiao (Ferrol) – Resultados
Na carreira absoluta a presencia de atletas do noso club foi a seguinte: José Luis Bouza 43º (1º Máster D), Andrés García 56º (15º Máster B), Javier Tuimil 102º (34º Máster B) e Rebeca Soto 104º (1ª Máster B).
En categiorías inferiores participaron: Hugo Serantes (5º Sub 16), Gael Varela (3º Sub 12-14), Alba Pena (3ª Sub 12-14), Rebeca Teijeiro (5ª Sub 12-14), Pablo Vázquez (6º Sub 12-14), Germán Rey (7º Sub 12-14), Lidia Grimal (6ª Sub 12-14), Tania López (8ª Sub 12-14), Ander Amenedo (12º Sub 12-14) e Iván López (15º Sub 12-14).
[ngg src=”galleries” ids=”9″ display=”basic_thumbnail” thumbnail_crop=”0″]