A pasada fin de semana tivo outras competicións de interese para os atletas do Club Atletismo Narón, nas que destacaron atletas como Pablo Bocelo e Demba Sanyang que arrancaron a tempada competitiva con moi bos rexistros en Vigo e Ourense, respectivamente.
O sábado en Vigo Pablo Bocelo quedaríase preto da súa marca personal (pese ás malas condicións climatolóxicas) na proba de 1500 metros, cunha marca de 3:57:95. Na mesma proba participaría tamén Pablo Vicente, logrando un terceiro posto cunha marca de 4:20:75. Ambos arrancan dun modo notable a competición despois da dura pretempada. Tamén participou o atleta valdoviñés Javier Rodríguez nas probas de peso e disco, conseguindo unhas marcas de 8.35 e 20.91, respectivamente.
Xa no día de onte celebrábase en Ourense un control federado aproveitando a disputa da Liga ABANCA na pista cuberta de Expourense. O papel máis destacado foi o de Demba Sanyang que acadaría a mínima para o Campionato de España Sub 20 na proba dos 200 metros lisos con 22.72 (quedándose a escasas centésimas da súa marca persoal) e non conseguiu o mesmo obxectivo nos 400 metros debido a un erro na videofinish pois a marca que obtivo tamén era marca mínima para o nacional da súa categoría (50.6). Evelyn Fernández participou na proba de peso cunha boa marca de 9.86 (achegándose aos 10 metros neste inicio de tempada), Paula López fixo o propio nos 60 (8.49) e 200 metros lisos (28.09), Fran Rodríguez competiu na proba de salto de altura (1.45), a nosa combineira Eva Castro tomaría a partida nas probas de 200 (29.09), 400 metros lisos (1:03.39) e salto de altura (nulos) e por último Rebeca Soto que fixo finalizou a proba dos 3000 metros cuns fantásticos 12:07.67.
- Resultados Vigo
- Resultados Ourense (Mañá – Tarde)
Foto de Pablo Bocelo con Jorge Puig (CA Santiago) que actou de lebre para axudar a Pablo. Cedida por Fotocarlosgrafías ( https://www.fotocarlosgrafias.com/ )