Outras competicións da fin de semana 15 e 16 de febreiro

Ademáis dos campionatos nacionais e autonómicos, esta pasada fin de semana tiveron lugar outras competicións de interese con representación de atletas do club: Campionato Provincial (Valencia), 5ª Xornada Copa Deputación (Lugo), 7ª Reunión de atletismo (Gallur – Madrid) e III Control de Inverno S.G. Pontevedra (Pontevedra).

Campionato Provincial (Valencia) (Resultados)

Daniel Citores participaría na proba de 60 metros lisos, sendo 5º na súa serie cunha marca de 7,36.

5ª Xornada Copa Deputación (Lugo) (Resultados ALResultados PC)

Ampla representación, como en cada xornada disputada en Lugo esta tempada, de atletas do club: Thiarle Dos Santos (24.22 en 200 metros e 51.46 en 400 metros), Paula López (27.56 en 200 metros e 8.40 en 60 lisos), Sofía Crego (31,48 en 200 metros e 8.80 en 60 lisos), Aitor Fernández (9.13 en 60 valados), Joel López (5.79 en lonxitude e 10,49 en peso), Adrián Carreira (4.96 en lonxitude), Aroa Fernández (8.82 en 60 lisos e 7.05 en peso), Lara Chao (8.85 en 60 lisos) .

7ª Reunión de atletismo (Gallur – Madrid) (Resultados)

Lidia Fariñas tomou a partida na pista cuberta de Madrid na proba de 200 metros lisos colleitando unha gran actuación e logrando a mellor marca dea tempada con 25.90, que lle supón a marca mínima para o Campionato de España Sub 20 de Xixón.

III Control de Inverno S.G. Pontevedra (Pontevedra) (Resultados)

Enésima gran actuación na proba de 1.500 para Pablo Bocelo en Pontevedra, volvéndose a quedar ás portas da mínima do Campionato de España Absoluto, con 3:53.42. Pola súa parte Xoel Rodríguez e Pablo Camescase partiparon na proba de 3.000 lisos conseguindo unhas marcas de 9:13.94 e 9:29.71, respectivamente.

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *