Hoxe queremos facernos eco dunha noticia moi relevante que afecta a un atleta do noso club e a outro de forma indirecta.
O tordoiés @martin.liste foi galardoado recentemente co Premio Deporte Galego ao Xogo Limpo 2018. Este premio ven dado polo acontecido no Campionato Galego Sub 23 do mesmo ano, no que @faisaldauda2 (o outro atleta do noso club) foi o gañador das probas de disco e peso de dito campionato, pero pola súa condición de estranxeiro, non puido optar aos metais. Martín (que fóra segundo clasificado en ambas probas e polo tanto medalla de ouro) dando boa fe da súa deportividade e calidade humana cedeulle unha das dúas medallas que conqueriu.
Noraboa a Martín polo galardón e a Faisal por ser tamén protagonista desta bonita historia.
Via @lavozdegalicia