Manuela Castro volve á casa

Manuela Castro volve á casa despois dun ano afastada das pistas por temas académicos. Dende o mes de setembro se exercita ás ordes de Joval Montero para volver ao magnífico nivel no que se atopaba antes do parón.

Manuela foi medallista autonómica en múltiples ocasións en categorías inferiores e incluso na última tempada que estivo activa conseguiu subir ao podio na categoría absoluta, na súa proba favorita, os 400 metros lisos. Nos últimos anos foi asidua aos campionatos nacionais da súa categoría e estamos seguros que atopará ese mellor nivel nestes vindeiros meses.

Estamos encantados de abrirlle os brazos de novo. ¡Benvida Manuela!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *