Izaskun Hernaez, un regreso moi esperado e con moita marcha

Izaskun Hernaez volve ao club despois dunha paréntese para reforzar o equipo femenino e máis concretamente a proba de marcha. Da man do que vai a ser o seu adestrador de novo, Manuel Polo, reforza unha disciplina que dende a chegada deste, está a reflotar no club.

O regreso da que foi elixida “Muller do ano 2019” no noso concello é unha gran noticia, non só polo valor atlético que aporta, senon tamén polo valor humano e o arraigo que representa para o club.

Lembramos que Izaskun foi atleta do club durante moitos anos e tamén adestradora, sempre na disciplina da marcha atlética e dende fai moitos anos é o “alma mater” do Club Acordes de Narón, un dos clubs máis representativos a nivel autonómico (e con títulos a nivel nacional) na ximnasia rítmica.

Gracias Izaskun por volver á túa casa e benvida de novo a ela!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *