ILUSIÓN, PAIXÓN, DIVERSIÓN

Como xa vos adiantabamos en datas pasadas comezamos coa campaña de renovacións e captación para a nova tempada, tanto para a Escola de Atletismo como para Grupos de Adestramento do club. Este ano aproveitando o lanzamento do novo proxecto de dinamización do club, vaise facer un maior esforzo por dar cabida a tod@s @s interesad@s en practicar este fantástico deporte, aumentando os horarios de adestramentos, con adestradores completamente dedicados e con grupos de adestramento organizados por sectores para as categorías Sub-18 e posteriores.

Queremos facer do noso club unha referencia nos servicios prestados @s nos@s atletas (independientemente da categoría) e aumentar a calidade do que tod@s esperades de nós, tendo como obxectivo ter masa atlética suficiente para ter equipos en todas as categorías e en ambos sexos.

Xerar ILUSIÓN entre a nosa xente, para que a través da DIVERSIÓN poidan dar renda solta á súa PAIXÓN, o atletismo.

ANÍMATE E ÚNETE A NÓS, ESTAMOSTE ESPERANDO COS BRAZOS ABERTOS

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *