O pasado sábado tivo lugar a segunda xornada da Liga ABANCA de inverno para categorías menores cunha ampla participación de atletas do Club Atletismo Narón.
Disputábase nas pistas universitarias de Bastiagueiro a segunda parada da nova Liga ABANCA de inverno, que xunto coa primeira xa disputada fai duas semanas y a terceira que terá lugar o vindeiro sábado nas pistas de Elviña, darán o pase aos 8 mellores equipos de Galicia para a fase final que se disputará o vindeiro día 15 de decembro na Pista Cuberta de Ourense.
Os nenos e nenas das escolas do Club Atletismo Narón desfrutaron dunha xornada moi animada de atletismo, pese ao mal tempo reinante. A participación do club superou á da primeira xornada e tódos os rapaces e rapazas competiron a gran nivel, conseguindo fantásticos resultados.