I Trofeo Internacional “Cidade de Narón” de Campo a Través

O vindeiro domingo 9 de febreiro o Club Atletismo Narón e o Concello de Narón organizan no Paseo Marítimo de Xubia (Narón) a primeira edición do Trofeo Internacional “Cidade de Narón” de Campo a Través, conxuntamente co Campionato Galego Absoluto, Sub 23 e Sub 20 de Campo a Través. Este Trofeo está aberto a federados e populares e nace coa idea de asentarse e consolidarse no calendario atlético e pouco a pouco convertirse nunha referencia.

O I Trofeo Internacional “Cidade de Narón” de Campo a Través contará con carreiras para todas as categorías (dende Sub 10 a adultos) e diferentes premios.

As carreiras comezarán ás 10:30 horas e prolongaranse ata preto das 14 horas, ónde terá lugar a entrega de premios.

Os premios serán en metálico de 100, 75 e 50 euros para os tres primeiros da clasificación absoluta en homes e mulleres e para os 3 clubs que presenten maior número de inscritos nas categorías dende Sub 10 a Sub 20 (ambas incluidas) repartiranse premios en material deportivo por importe de 100, 75 e 50 euros (para o 1º, 2º e 3º con máis inscritos respectivamente).

De seguido mostramos un plano do circuíto e dos servizos que os asistentes se atoparán nas inmediacións do Paseo Martítimo de Xubia, para facilitar a orientación na zona e o aparcamento cercano.

Importante: só poderán optar a estes premios económicos os/as atletas que fixeran a súa inscrición a través de carreirasgalegas.com. Polo que os participantes do Campionato Galego de Campo a Través que queran optar aos premios deberán tamén facer a súa inscrición popular.

Dende a organización queremos agradecer a participación de todas as empresas colaboradoras que aportan o seu gran de area á celebración deste evento e que fan posible que se poida celebrar.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *