Grandes resultados individuais colleitados a pasada fin de semana

A pasada fin de semana, ademáis dos Campionatos de Campo a Través en A Rúa, tiveron cita varias competicións ao longo do territorio nacional (e incluso internacional) con atletas do noso club, que conseguiron uns grandes resultados e incluso algunha mínima nacional.

Un dos máis destacados foi Pablo Bocelo, que se achegou a Braga para participar no Campionato do Norte nas probas de 1.500 e 800 metros lisos. Na primera delas, conseguiu fixar un novo tope persoal cunha marca de 3:53:09, quedándose a escasas 9 centésimas da mínima (3:53.00) para o Campionato de España Absoluto que se disputará dentro dun mes en Ourense. Na proba de 800 non conseguiu baixar a súa marca persoal, pero tivo unha gran actuación cun rexistro de 1:56.

Outra actuación moi destacada foi a de Lidia Fariñas en Gallur (Madrid) onde conqueriu a mínima para o Campionato de España Sub 20 na proba dos 60 metros lisos, cunha gran marca de 7.96.

Na comunidade veciña de Asturias, competía Paula Carbonell na proba dos 400 metros lisos, facendo unha gran actuación cunha marca de 59,99.

Na Copa Deputación de Lugo houbo numerosa actuación de atletas do noso club: Joel López (1,76 en altura), José Pena (5,71 en lonxitude), Aitor Fernández (5,60 en lonxitude), Alberto Romero (5,20 en peso e 15,47 en martelo), Adrián Carreira (9,22 en peso), Eva Castro (1,55 en altura), Aroa Fernández (1,20 en altura), Nerea Freire (4,13 en lonxitude e 9,56 en triple), Carla Lamas (8,20 en triple), Erika Fernández (8,18 en peso e 24,52 en martelo), Blanca Méndez (7,52 en peso e 40,49 en martelo), Evelyn Fernández (9,52 en peso), Irene Fernández (6,23 en peso e 21,39 en martelo), David Romero (24,21 en martelo) e Nuria Blanco (33,45 en martelo)

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *