Firma do Convenio de Colaboración co Concello de Narón

O Concello de Narón renovou hoxe os convenios de colaboración con oito entidades deportivas da cidade.

A alcaldesa, Marián Ferreiro, asinou os acordos xunto cos presidentes do Club Narón Volea, Plácido Vicente Armada; Club Deportivo Narón, Xoán Manuel Ramos; Agrupación Deportiva Santiago Apóstol, Miguel Piñeiro; Agrupación Deportiva Náutico Narón, Amando Guerrero; Club Atletismo Narón, Miguel Soto; Sociedade Deportiva O Val, Antonio López e Club Tenis de Mesa Narón, Fernando Montero, se ben non puido acudir hoxe á convocatoria o presidente do Club Piragüismo Narón, Eduardo Lourido.

En conxunto, o Concello destinará unha partida de 196.000 euros para continuar promocionando o deporte na cidade a través dos citados clubs.

A finalidade dos acordos rubricados esta mañá é “fomentar e potenciar a práctica deportiva na nosa cidade, nas diferentes categorías”, tal e como destacou a alcaldesa. Así mesmo, Ferreiro agradeceu aos presidentes dos clubs “o traballo que realizades durante todo o ano para que os nosos veciños e veciñas poidan contar cun variado tecido deportivo, de gran calidade e con propostas para persoas de tódalas idades”.

Vía Servizo Deportes Concello de Narón

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *