FESTA DE INICIO DE TEMPADA E XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O pasado venres tivemos no Estadio Municipal de Río Seco a Festa de inicio da tempada atlética 2023/24, acompañada dunha Xornada de Portas Abertas para todos aqueles rapaces e rapazas que quixeran probar o atletismo.

Gran afluencia de participantes e familias, nas que se comezou presentando á estrutura técnica que vai levar a cabo a actividade nesta tempada, coa presenza da alcaldesa Marián Ferreiro e o novo concelleiro de Deportes, Iban Santalla (aos que agradecemos a sua asistencia e o apoio que dan ao club).

Estamos en proceso de captación de atletas para este novo curso atlético e por iso esta semana completa será de portas abertas tamén para os que queiran probar e coñecer ao noso club.

Animádevos a vir a probar, non vos arrepentiredes.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *