Ero Doce, como o bo turrón, volve á casa polo Nadal

Ero Doce volve á casa polo Nadal, como o bo turrón, para esta tempada 2020 que está a piques de comezar. Ero chega procedente do Club Atletismo Santiago (club amigo ao que lle agradecemos a boa sintonía para abordar esta incorporación) ao que levaba defendendo durante as tres últimas tempadas.

Na actualidade, e dende fai 5 anos, reside en EEUU, onde cursou os seus estudos na Universidade de Lindenwood, no estado de Misouri. O atleta ferrolterrán destaca sobre todo nas probas de fondo, aínda que é un atleta moi polivalente dende os 400 ata os 10.000 metros.

Como logros máis importantes podemos destacar o seu Récord Galego Sub 18, Sub 20 e Sub 23 na milla en ruta e os postos de finalista no Campionato de España Sub 20 nas probas de 800 e 1500 metros. As súas marcas persoais son as seguintes:

  • 100 metros: 11.33
  • 200 metros: 22.82
  • 400 metros: 48.83
  • 800 metros: 1.51.62
  • 1500 metros: 3.54.00
  • 3000 metros: 8.48.00
  • 5k en ruta: 15:16
  • 10k en ruta: 31:05

Benvido á túa casa, Ero!!!

Dejar una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *