O Club Atletismo Narón presenta o seu equipo técnico para a tempada 2019/2020, que cunha profunda renovación pretende dar un xiro importante ao sistema de aprendizaxe e adestramento, cun enfoque divertido, apaixonado e emocionante.
O obxectivo principal é crear unha canteira de referencia na rexión, na que estean representadas todas as categorías, que poidan evolucionar dentro do Club na medida dos seus desexos; primeiro como persoas e logo como deportistas.
O primeiro compoñente do equipo técnico é DIEGO BARREIRO CARNEIRO (@barreiro_dg) que desempeñará a función principal de DIRECTOR TÉCNICO DE CATEGORÍAS INFERIORES (Sub 10 a Sub 16). Diego é un coñecido atleta de fondo a nivel autonómico, actual atleta do Club e ex atleta do Club Deportivo Universidade e do Club Atletismo Santiago. No aspecto formativo ten experiencia previa participando con éxito como responsable das categorías de base dun recoñecido equipo de triatlón da capital de Galicia. Coñece moi ben o traballo cos máis pequenos e está decidido a poñer os pilares necesarios para formar unha sólida canteira en Narón, coa axuda de todo o equipo técnico.
Realizará tamén funcións de adestrador de fondo e medio fondo, campo que domina á perfección xa que leva adicado toda a vida como atleta, como comentabamos anteriormente.
Moita sorte Diego na túa nova andadura, estamos convencidos que o traballo vai a ser impecable.