Celebración III Olimpiadas Confurco

Enmarcadas nas III Olimpíadas Confurco, tiveron lugar no dia de onte no estadio municipal de Rio Seco, en Narón, as competicións atléticas, coas probas de 100ml, salto de lonxitude, lanzamento de peso, 800 ml e relevos.

A xornada promovida por Asfedro, en colaboración có Club Atletismo Narón e os Concellos de Mugardos e de Narón, foi moi gratificante para os tres adestradores do Club que colaboraron no evento; Manuel, Eva e Raquel salientaron a enorme ilusión e esforzo dos 12 participantes que incluso rexistraron algunhas marcas interesantes.

Esta xornada pode ser o comezo dunha fructífera colaboración entre as entidades como vía de promoción dos hábitos saludables e o deporte.

@Estadio Municipal De Rio Seco- Naron

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *