Carmen Gómez, calidade lucense para reforzar o equipo feminino

Carmen Gómez Usero tamén se une ao Club Atletismo Narón para a tempada 2020 e chega procedente da Escola Atlética Lucense. Especialista en probas combinadas, Carmen convírtese nun gran reforzo para o noso equipo feminino, de cara aos campionatos por clubs desta vindeira tempada, nos que queremos volver a estar presentes, despois dun ano sin ter participación.

Esta atleta lucense adestra diariamente no Estadio Municipal de Río Seco ás ordes de Joval Montero, pero non é unha cara descoñecida para nós, posto que a pasada tempada, aínda que seguía pertencendo ao seu anterior club xa adestrou ás ordes de Alex Romero no estadio naronés.

Moitas grazas Carmen por confiar en nós para esta tempada 2020, esperamos que cumplas todas as túas metas e que sexa a primeira de moitas.

Benvida!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *