Campionatos fin de semana 15 e 16 de febreiro

Esta pasada fin de semana tiveron lugar unha morea de campionatos nacionais e autonómicos de interese para o club nos cales houbo participación de atletas naroneses: Campionato de España Sub 23 en Pista Cuberta (Salamanca), Campionato de España Máster de Marcha en Ruta (Torrevieja), Campionato Galego de Lanzamentos Longos Absoluto, Sub 23 e Sub 20 (Pontevedra) e Campionato Galego XOGADE de Campo a Través (Portas).

Campionato de España Sub 23 en Pista Cuberta (Salamanca) (Resultados)

Gran actuación de Nerea Muñoz no nacional da súa categoría conseguindo un magnifico 5º posto na final de salto de lonxitude. Nerea fixo unha marca de 5,57 metros, quedándose a escasos 5 centímetros da medalla de bronce.

Campionato de España Máster de Marcha en Ruta (Torrevieja) (Resultados)

Gran papel o feito por Manuel Polo no nacional de marcha máster disputado este domingo en Torrevieja, no que logrou un 6º posto na súa categoría M45 e unha 14º posición na clasificación xeral de todas as categorías. A súa marca de 1 hora e 48 minutos, mellora en dous minutos a feita o ano pasado no mesmo campionato e deixa clara a evolución que leva o noso marchador dende a súa volta á competición o pasado ano.

Campionato Galego de Lanzamentos Longos Absoluto, Sub 23 e Sub 20 (Pontevedra) (Resultados)

Achegábanse o nosos lanzadores a Pontevedra o pasado sábado para disputar o autonómico de lanzamentos longos. Moi bos rexistros para os nosos representantes: Noel Vega foi 4º en lanzamento de disco con 43,75 (marca da tempada), Carlos Ferrer foi 8º en disco con 28,01 e 7º en martelo con 33,60, Jorge Rodríguez foi 6º en martelo con 33,82, Iago Pazos finalizou 4º en xavelina con 49,84 e Evelyn Fernández foi a única representante do noso club que subiu ao podio na categoría Sub 20 no lanzamento de disco, no que conqueriu a medalla de bronce cunha marca de 27,96, que lle valeron tamén para ser 8ª na clasificación absoluta.

Campionato Galego XOGADE de Campo a Través (Portas) (Resultados)

Gran actuación do equipo Sub 14 feminino que finalizou na 5ª praza no campionato autonómico XOGADE disputado o pasado sábado en Portas (Pontevedra). O equipo estivo composto por Rebeca Teijeiro (17ª), Alba Pena (18ª), Daniela García (37ª), Lidia Grimal (40ª), Irene Paz (48ª) e Antía Arnoso (49ª). Na proba Sub 12 feminina participou Tania López, que finalizou na 23ª posición.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *