Campionato Galego Máster en Pista Cuberta

O pasado sábado disputouse na pista cuberta de Expourense unha nova edición do Campionato Galego Máster en Pista Cuberta, neste ano antesala do Campionato de Galego Absoluto que tivo lugar o día despois no mesmo escenario. O saldo de medallas foi de 13 (8 de ouro, 1 de prata e 4 de bronce) destacando Carlos Ferrer con tres medallas e Eva Castro con dúas.

De seguido resumimos a actuación dos atletas do club no campionato:

  • Eva Castro: medallas de ouro nos 400 metros e en salto de lonxitude (categoría W35).
  • Carlos Ferrer: medallas de ouro nos 60 valados e lanzamento de peso e medalla de prata en salto de lonxitude (categoría M60).
  • Jose Luis Bouza: medalla de ouro en 3.000 metros (categoría M60).
  • Irene Fernández: medalla de ouro en lanzamento de peso (categoría W40).
  • 4×200 masculino: medalla de ouro para Jesús Ardao, Javier Tuimil, Andrés García e Javier Llopis (categoría M40).
  • 4×200 feminino: medalla de ouro para María Mesías, Rebeca Soto, Luz Cerdido e Eva Castro (categoría W35).
  • Luz Cerdido: medalla de bronce en 800 metros (categoría W45).
  • Andrés García: medalla de bronce en 400 metros e 6º nos 200 metros (categoría M40).
  • Rebeca Soto: medalla de bronce en 1.500 metros e 5º posto nos 200 metros (categoría W40).
  • José Bañobre: medalla de bronce en 1.500 metros (categoría M50).
  • Jesús Ardao: 7º posto nos 60 metros e 5º posto nos 200 metros (categoría M40).
  • Javier Tuimil: 8º nos 1.500 metros (categoría M40).

Resultados completos

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *