Campionato Galego Absoluto en Pista Cuberta

O pasado domingo disputouse na pista cuberta de Expourense unha nova edición do Campionato Galego Absoluto en Pista Cuberta, neste ano antesala do Campionato de España Absoluto que terá lugar a vindeira fin de semana no mesmo escenario. O saldo de medallas foi de 3 (+1) con dúas de prata (Aitor Fernández e Pablo Bocelo), unha de bronce (Noel Vega) e unha medalla de bronce virtual para Lidia Fariñas, que finalizou terceira nos 200 metros, pero ao ser atleta de fóra de Galicia e ter menos de 3 anos de licenza galega non pode optar a medalla. Tamén hai que destacar a consecución da mínima para o Campionato de España Absoluto de Pablo Bocelo nos 1.500 metros, marca que se viña resistindo durante toda a tempada invernal.

De seguido resumimos a actuación dos atletas do club no campionato:

  • Pablo Bocelo: medalla de prata nos 1.500 metros lisos con 3:52.23 (PB), mínima para o nacional absoluto.
  • Aitor Fernández: medalla de prata no salto con pértega con 4,12 (PB de pista cuberta, 4.15 a de aire libre) reafirmando a mínima para o nacional Sub 18 de pista cuberta e de aire libre. Tamén compiteu en salto de lonxitude, sendo 11º con 5.53.
  • Noel Vega: medalla de bronce en lanzamento de peso cunha marca de 13,18.
  • Lidia Fariñas: 3º posto en 200 metros con 26,10 (26.00 en semifinais) e quinto posto en 60 metros con 8,03.
  • Thiarle Dos Santos: 5º posto en 400 metros con 50,68 (PB).
  • Pablo Vicente: 5º posto nos 1.500 metros con 4:13.65.
  • Adrián Carreira: 5º posto nos 60 valados con 11.80 e 9º en lanzamento de peso con 9.31.
  • José Pena: 8º posto no salto de lonxitude con 5.89.
  • Paula López: 4ª en series de 60 lisos cunha marca de 8.45 e 3ª en series dos 200 metros con 27.54 (PB de pista cuberta, 27.20 a de aire libre)
  • Paula Rodríguez: 5º posto nos 400 metros con 1:00.55 e 9º posto en 800 metros con 2:22.10.
  • Eva Castro: 7º posto nos 800 metros con 2:19.93 (PB).
  • Evelyn Fernández: 8º posto no lanzamento de peso con 10.11.

Resaltar tamén as baixas de última hora de Alex Romero, Carmen Gómez e Manuela Castro que esperamos que estén recuperados para as vindeiras competicións.

Resultados completos

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *